Saltar ao contido

El Zumbido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Zumbido

Editar o valor en Wikidata
Fundación1880
Lingualingua castelá
LocalidadeNoia
editar datos en Wikidata ]

El Zumbido foi un periódico editado en Noia en 1880.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 15 de xaneiro de 1880. Publicábase os días 1, 8, 15 e 22 de cada mes. Fundado por Mariano Medina Cabezudo, Jesús María Rodríguez Vázquez e Venancio Vidal Reino, que foron os seus redactores. Jesús María Rodríguez exerceu como director. Nas súas páxinas viron a luz un artigo anónimo solidarizándose con Manuel Curros Enríquez pola sentenza condenatoria do xulgado de Ourense, anuncios da segunda edición de Aires da miña terra e un conto, en galego, de Faustino Romero Blanco. Foi rival do periódico El Tambre. O último número coñecido, o 41, foi editado o 15 de novembro de 1880.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]